Mona Lisa | |
---|---|
Artista | Leonardo da Vinci |
Data | 1503-1519 |
Técnica | óleo sobre madeira de lamigueiro |
Dimensións | 77 cm × 53 cm |
Localización | Museo do Louvre |
A Mona Lisa (tamén coñecida como a Monna Lisa; Italiano La Gioconda; francés La Joconde), é unha pintura feita polo artista italiano Leonardo da Vinci mostrando unha muller cunha expresión introspectiva, lixeiramente sorrinte. É probabelmente o retrato máis famoso na historia da arte. Poucos outros traballos de arte son así conmemorados ou reproducidos.
O cadro foi pintado entre 1503 e 1519.[1] A pintura ao óleo en madeira exposta agora no Museo do Louvre en París é a maior atracción do museo.