Monicreque é un termo pexorativo para unha identidade falsa usada para fins fraudulentos dentro dunha comunidade de Internet. De acordo con Word Spy:[1]
"un monicreque é unha identidade falsa a través da cal un membro dunha comunidade en Internet se manifesta finxindo que non o fai, como fai quen manipula un fantoche".
Nos casos máis simples, un monicreque defende ou eloxia ó seu titereiro. O que teñen en común non é só publicar algo baixo un alias, senón ocultar a verdadeira motivación que hai trala opinión expresada.