O monte Mondigo, localizado no concello de Ribadeo, na parroquia de Covelas, é o pico máis alto da barreira montañosa que separa a costa do interior na comarca da Mariña Oriental, con 569 metros[1] de altitude. Dende el poden apreciarse vistas cara ó Mar Cantábrico e a rasa Cantábrica, e cara aos vales dos ríos Grande e Pequeno.
As súas ladeiras están adicadas ó cultivo do eucalipto. No seu cumio hai antenas de repetición.