Alcume | lapazorrixak | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | País Vasco | |||
Provincia | Guipúscoa | |||
Comarcas | Debabarrena | |||
Capital | Mutriku (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 5.281 (2024) (190,72 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua éuscara (lingua predominante) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 27,69 km² | |||
Bañado por | Mar Cantábrico | |||
Altitude | 49 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 1209 | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | Jose Angel Lizardi Agirregomezkorta (en) (2011–2015) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 20830 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 20056 | |||
Sitio web | mutriku.eus |
Mutriku (en castelán Motrico) é un concello da provincia de Guipúscoa, no País Vasco. Áchase na costa do mar Cantábrico facendo límite con Biscaia, no noroeste da provincia guipuscoana. Pertence á comarca de Debabarrena cunha poboación de 4.973 habitantes segundo os datos do INE correspondentes ao ano 2008.
Mutriku tamén se atopa no noroeste da comarca á que pertence, aínda que non está estritamente na conca do Deba, que está nunha pequena conca independente. Esténdese dende a desembocadura do Deba até a do Aretibai, ficando o núcleo urbano equidistante entre estes puntos. As súas costas son cantís onde se abren dúas pequenas baías, unha é onde está o núcleo urbano e o peirao, e a outra a que comparte con Ondarroa, e está formada pola desembocadura do Artibai, onde se localiza a maior das súas praias, a de Saturrarán.