Nome orixinal | (ja) 中野竹子 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1847 Edo, Xapón |
Morte | 10 de outubro de 1868 (20/21 anos) Aizu, Xapón (pt) |
Actividade | |
Ocupación | Onna-musha |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra Boshin |
Nakano Takeko (中野 竹子?), nada en 1847 e finada en 1868, foi unha samurai xaponesa, ou onna-bugeisha, do dominio de Aizu, que loitou e morreu durante a guerra Boshin. Nakano, nada en Edo, era a filla de Nakano Heinai, un oficial de Aizu. Foi adestrada nas artes marciais e instruída en literatura, e foi adoptada polo seu mestre Akaoka Daisuke.[1] Despois de traballar co seu pai adoptivo na instrución de artes marciais durante a década de 1860, Nakano entrou en Aizu por vez primeira en 1868.[1]
Durante a batalla de Aizu, loitou cunha naginata (unha arma de hasta xaponesa) e foi a líder ad hoc das forzas femininas de combate que loitaron independentemente na batalla, xa que os retenedores de Aizu non lle permitiron loitar como parte oficial do exército do dominio.[2] Esta unidade foi coñecida posteriormente como o exército de mulleres (娘子隊 Jōshitai?).
Mentres lideraba unha carga contra as tropas do Exército Imperial Xaponés do dominio Ōgaki,[3] recibiu un disparo mortal no peito. No canto de deixar que o inimigo capturase a súa testa como un trofeo, pediulle á súa irmá, Yūko, que lla cortase e a enterrase. Foi levada ó templo Hōkai (na actual Aizubange, Fukushima) e enterrada debaixo dun piñeiro.[1]
Un monumento dedicado a ela foi erixido a carón da súa tumba no templo Hōkai; e o almirante da Mariña Xaponesa Dewa Shigetō estivo involucrado na súa construción.[1]
Durante o festival anual de outono en Aizu, un grupo de mullere mozas vestindo hakama e bandanas brancas toman parte nunha procesión, conmemorando as accións de Nakano e a súa banda de mulleres loitadores do Joshigun.