Negativicutes | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Familias e Xéneros | |||||||||
|
As Negativicutes son unha clase de bacterias Firmicutes, que teñen unha composición peculiar da súa parede celular que se tingue como gramnegativa, a pesar de que a maioría das Firmicutes son grampositivas. As familias Acidaminococcaceae e Veillonellaceae[1] eran antes consideradas membros da clase Clostridia. O nome Selenobacterias tamén se usa para referirse a algúns membros deste grupo. A descrición deste grupo foi emendada en 2010 e, xunto coas Acidaminococcaceae (familia nova), foi situada na orde Selenomonadales (ordo novus, que sería a única orde do grupo) na clase Negativicutes (classis novus) do filo Firmicutes.
Os membros desta familia son todos anaerobios obrigados, e aparecen en hábitats como ríos, lagos, e os intestinos de vertebrados. Poden ser desde esféricas, como Megasphaera e Veillonella, a bacilos curvados, como as selenomónadas. O xénero Selenomonas ten unha forma característica de crecente, con flaxelos inseridos no seu lado cóncavo, mentres que Sporomusa é similar pero non motil. Os seus nomes refírense a esta morfoloxía distintiva, xa que selene significa lúa, e musa significa banana.[2] Algúns membros do grupo poden formar endósporas.
A clasificación do grupo é complicada, porque un exame máis detallado de membros deste grupo indica que os membros deste clado (grupo Selenomonas-Megasphaera-Sporomusa) son en realidade Clostridia, o que poñería en cuestión o establecemento de Negativicutes coa súa definición actual.[3]