Eón[1] | Era | Millóns de anos |
---|---|---|
Fanerozoico | 542,0 ±1,0 | |
Proterozoico | Neoproterozoico | 1.000 |
Mesoproterozoico | 1.600 | |
Paleoproterozoico | 2.500 | |
Arcaico | 3.800 | |
Hadeico | ca. 4.570 |
O neoproterozoico, unha división da escala temporal xeolóxica, foi a última era xeolóxica das tres que compoñen o eón Proterozoico. Comezou hai 1 000 millóns de anos e terminou hai 542,0 ±1,0 millóns de anos.[2][3] A nomenclatura para denominar este período foi un tanto inestábel. A glaciación máis extensa coñecida no rexistro xeolóxico produciuse durante o período crioxénico, cando as capas de xeo posibelmente alcanzaron o ecuador e se formou a chamada Terra bóla de neve. Os primeiros fósiles de vida pluricelular proceden do período ediacárico, incluídos os primeiros animais.