Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
Orixe | Aberdeen, Washington, Estados Unidos |
---|---|
Período | 1987 - 1994 |
Xénero(s) | grunge |
Selo(s) discográfico(s) | Sub Pop, Geffen |
Membros | Kurt Cobain Dave Grohl Krist Novoselic |
Antigos membros | Chad Channing Jason Everman Pat Smear |
Artistas relacionados | Foo Fighters, Sweet 75, Giants in the Trees |
Na rede | |
hereisnirvana.com | |
Nirvana foi un grupo estadounidense cun estilo musical que mesturaba a actitude punk e rock'n'roll, denominado posteriormente grunge, que tivo o seu mellor momento a comezos dos anos noventa. O grupo formouse en Aberdeen, Washington, no ano 1987. O seu líder foi Kurt Cobain, acompañado de Krist Novoselic (baixo) e Dave Grohl (batería). Dave non formou parte da primeira formación do grupo, tempo no que se produciu o disco Bleach, no que aínda tocaba a batería Chad Channing, senón só a partir do segundo disco, Nevermind, o cal levounos á fama, co himno xeneracional "Smells Like Teen Spirit". O seu terceiro e derradeiro álbum de estudio foi In Utero, para moitos o seu mellor traballo. A banda foi formada no medio underground da cidade de Seattle, nos Estados Unidos. A historia da banda rematou coa polémica morte de Kurt Cobain en abril do ano 1994.