Aotearoa (mi) ![]() | |||||
Himno | God Defend New Zealand ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «100% Pur» ![]() | ||||
Epónimo | Zelandia ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Wellington (1865–) ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Canterbury (pt) ![]() Chatham Islands Council (en) ![]() Costa Oeste (pt) ![]() Gisborne (pt) ![]() Hawke's Bay (pt) ![]() Manawatu-Wanganui (pt) ![]() Nelson Region (en) ![]() Região de Marborough (pt) ![]() Rexión da Baía de Plenty Rexión de Auckland Rexión de Northland Rexión de Otago Southland Taranaki (pt) ![]() Tasman (pt) ![]() Waikato Wellington (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.118.700 (2021) ![]() | ||||
Lingua oficial | Lingua maorí língua de sinais da Nova Zelândia (pt) ![]() lingua inglesa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 268.021 km² ![]() | ||||
Punto máis alto | Monte Cook (pt) ![]() ![]() | ||||
Punto máis baixo | Taieri Plain (en) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Cronoloxía | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Monarquía parlamentaria ![]() | ||||
• Monarca ![]() | Carlos III do Reino Unido (2022–) ![]() | ||||
Órgano executivo | Government of New Zealand (en) ![]() ![]() | ||||
• Primeiro-ministro da Nova Zelândia (pt) ![]() ![]() | Christopher Luxon (2023–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento da Nova Zelândia (pt) ![]() ![]() | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of New Zealand (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 255.551.704.626 $ (2021) ![]() | ||||
PIB per cápita | 41.666,64 $ (2019) ![]() | ||||
Moeda | Dólar neozelandés ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .nz ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +64 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 111 ![]() | ||||
Código de país | NZ ![]() | ||||
Sitio web | govt.nz ![]() | ||||
![]() |
Nova Zelandia[1] ou Nova Celandia[2] (en inglés: New Zealand i/njuːˈziːlənd/, e en maorí: Aotearoa) é un país insular de Oceanía que se localiza no suroeste do océano Pacífico, formado por dúas grandes illas, a Illa Norte e a Illa Sur, xunto a outras moitas illas menores, destacando entre elas a Illa Stewart e as Illas Chatham. O Reino de Nova Zelandia tamén inclúe as Illas Cook e Niue (estados autónomos en libre asociación), e Tokelau.
Nova Zelandia, notable polo seu illamento xeográfico, está situada preto de 2000 quilómetros ao sueste de Australia no mar de Tasmania, e os seus veciños máis próximos ao norte son Nova Caledonia, Fidxi e Tonga. Debido a este longo illamento, no país desenvolveuse unha fauna endémica dominada polas aves, moitas das cales se extinguiron logo da chegada dos humanos e os mamíferos que introduciron sen ningún control[3]. A maior parte da poboación neozelandesa é de ascendencia europea; os indíxenas maorís son a minoría máis numerosa[4]. Os asiáticos e os polinesios tamén son minorías significativas, especialmente nas zonas urbanas. Aínda que ten tres idiomas oficiais, o máis falado con diferenza é o inglés[5].
O xefe de Estado de Nova Zelandia é Carlos III, como rei de Nova Zelandia, e está representado por un gobernador xeral[6], mentres que o poder executivo é exercido polo gabinete e o Primeiro Ministro. As súas cidades sitúanse entre as de mellor calidade de vida no mundo[7]. Nova Zelandia é un país desenvolvido que se sitúa en lugares altos dentro de escalas internacionais sobre moitos temas, incluíndo a ausencia de corrupción, o nivel de educación e a liberdade económica, pero sen dúbida entre o que máis resalta, é no seu índice de desenvolvemento humano, que o sitúa sexto no mundo en 2012, e os seus índices de democracia, os cales sitúano na gran maioría das publicacións e estudos importantes como o país máis libre e co maior respecto aos dereitos civís no mundo[8].
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome extinction
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome gruposetnicos
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome SpokenLanguage
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome reina