Нови Сад (sr-cyrl) Novi Sad (sr-latn) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Serbia | ||||
Autonomous province of Serbia (en) ![]() | Voivodina | ||||
Distritos da Sérvia (pt) ![]() | Distrito Sul de Backa (pt) ![]() | ||||
Município da Sérvia (pt) ![]() | Novi Sad City (en) ![]() ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 380.000 (2020) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 106,2 km² ![]() | ||||
Bañado por | Río Danubio ![]() | ||||
Altitude | 80 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Bački Petrovac Municipality (en) ![]() Titel Municipality (en) ![]() Žabalj (en) ![]() Temerin (en) ![]() Sremski Karlovci (pt) ![]() Beočin Municipality (en) ![]() Sremska Kamenica (en) ![]() Vrbas (en) ![]() ![]() | ||||
Creación | 1694 ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 21000 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 21 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Changchun (1981–) Dortmund (1982–) Nizhnii Novgorod (2006–) Pécs (2009–) Homieĺ (2013–) Toluca de Lerdo (2015–) ![]() | ||||
Sitio web | novisad.rs ![]() |
Novi Sad (en alfabeto cirílico Нови Сад, en húngaro Ujvidék, en alemán Neusatz, en eslovaco Nový Sad) é unha cidade do norte de Serbia, situada sobre o río Danubio. É a capital da provincia autónoma da Voivodina. Sede da antiga institución cultural e científica Matica Srpska, é un gran centro industrial e cultural. Novi Sad significa "Novo Xardín" en serbio.
A poboación do núcleo urbano é de 293.508 habitantes, e uns 381.388 no termo municipal, segundo o censo do 2011.
A cidade de Novi Sad comprende os núcleos de Novi Sad, Petrovaradin e Sremska Kamenica. A área metropolitana tamén comprende Futog, Veternik, Bukovac e Leidnci. Hai tamén outros núcleos no termo municipal de Novi Sad, pero están fisicamente separados da cidade.
Novi Sad é a segunda cidade máis grande de Serbia (despois de Belgrado) e é tamén o centro administrativo do distrito de Backa Sur. Segundo o censo do 2002 a poboación de Novi Sad está composta por serbios (75,50 %), húngaros (5,24 %), iugoslavos (3,17 %), eslovacos (2,41 %), croatas (2,09 %), montenegrinos (1,68 %) e outros.