Нови Сад (sr-cyrl) Novi Sad (sr-latn) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Serbia | ||||
Autonomous province of Serbia (en) | Voivodina | ||||
Distritos da Sérvia (pt) | Distrito Sul de Backa (pt) | ||||
Município da Sérvia (pt) | Novi Sad City (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 380.000 (2020) (3.578,15 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 106,2 km² | ||||
Bañado por | Río Danubio | ||||
Altitude | 80 m | ||||
Comparte fronteira con | Bački Petrovac Municipality (en) Titel Municipality (en) Žabalj (en) Temerin (en) Sremski Karlovci (pt) Beočin Municipality (en) Sremska Kamenica (en) Vrbas (en) | ||||
Creación | 1694 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 21000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 21 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Changchun (1981–) Dortmund (1982–) Nizhnii Novgorod (2006–) Pécs (2009–) Homieĺ (2013–) Toluca de Lerdo (2015–) | ||||
Sitio web | novisad.rs |
Novi Sad (en alfabeto cirílico Нови Сад, en húngaro Ujvidék, en alemán Neusatz, en eslovaco Nový Sad) é unha cidade do norte de Serbia, situada sobre o río Danubio. É a capital da provincia autónoma da Voivodina. Sede da antiga institución cultural e científica Matica Srpska, é un gran centro industrial e cultural. Novi Sad significa "Novo Xardín" en serbio.
A poboación do núcleo urbano é de 293.508 habitantes, e uns 381.388 no termo municipal, segundo o censo do 2011.
A cidade de Novi Sad comprende os núcleos de Novi Sad, Petrovaradin e Sremska Kamenica. A área metropolitana tamén comprende Futog, Veternik, Bukovac e Leidnci. Hai tamén outros núcleos no termo municipal de Novi Sad, pero están fisicamente separados da cidade.
Novi Sad é a segunda cidade máis grande de Serbia (despois de Belgrado) e é tamén o centro administrativo do distrito de Backa Sur. Segundo o censo do 2002 a poboación de Novi Sad está composta por serbios (75,50 %), húngaros (5,24 %), iugoslavos (3,17 %), eslovacos (2,41 %), croatas (2,09 %), montenegrinos (1,68 %) e outros.