ORCID | |
---|---|
Acrónimo | ORCID |
Tipo | control de autoridade |
Data de fundación | 16 de outubro de 2012 |
Na rede | |
https://orcid.org/orcid-search/search e https://orcid.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
ORCID (Open Researcher Contributor Identification ( pronuncia en inglés (axuda · info)), en galego "Identificador Aberto de Investigador e Colaborador") é un código alfanúmerico non propietario que identifica as autoras e autores do eido científico ou académico.[1][2][3][4][5] Aborda os problemas asociados á localización da autoría nas publicacións científicas ou nas publicacións da área das Humanidades. Á hora de recuperar as contribucións dunha persoa nestes ámbitos hai moitas prácticas que dificultan este labor: o uso de nomes persoais que non son únicos; as diferentes prácticas culturais no que á orde dos nomes se refire; a inconsistencia entre o uso das abreviaturas de nomes e o emprego de distintos alfabetos. ORCID proporciona unha identidade persistente para as persoas, de xeito semellante en que o fan os DOIs (identificadores de obxectos dixitais).[6] A organización que xestiona ORCID ofrece un rexistro aberto e independente que busca converterse no estándar de facto para a identificación das contribucións na investigación e nas publicacións científicas. O 16 de outubro de 2012, ORCID lanzou o seu servizo de rexistro e comezou a emitir identificadores de usuario e usuaria.[7][8][9]