Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


O Salvador

Modelo:Xeografía políticaO Salvador
República de El Salvador (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoHimno nacional do Salvador Editar o valor en Wikidata

Lema«Dios, Unión, Libertad»
«God, Unity, Freedom»
«Бог, единство, свобода»
«Duw, Undod, Rhyddid» Editar o valor en Wikidata
EpónimoRedentor (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 13°40′08″N 88°51′58″O / 13.66889, -88.86611
CapitalSan Salvador Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación6.029.976 (2024) Editar o valor en Wikidata (290,71 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie20.742 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoCerro El Pital (pt) Traducir (2.730 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Pacífico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación2 de febreiro de 1841 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Presidente Editar o valor en WikidataNayib Bukele (2019–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of El Salvador (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataFrancisco Flores Pérez (1999–2004)
Elías Antonio Saca González (2004–2009)
Mauricio Funes (2009–2014)
Salvador Sánchez Cerén (2014–2019)
Nayib Bukele (2019–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Legislativa da República de El Salvador (pt) Traducir , (Escano: 60) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal29.451.240.000 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedadólar estadounidense Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.sv Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+503 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia911 e 913 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Código de paísSV Editar o valor en Wikidata

Sitio webelsalvador.travel… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451086

O Salvador[1] (en castelán: El Salvador) oficialmente República do Salvador (en castelán: República de El Salvador), é o país máis pequeno e máis densamente poboado de América Central. Limita polo nordeste con Honduras, polo leste co golfo de Fonseca, polo sur co océano Pacífico e polo oeste con Guatemala. A súa capital é San Salvador, sendo tamén a meirande cidade. No ano 2016, o país tiña unha poboación de arredor de 6,34 millóns de persoas.

Durante séculos, O Salvador estivo habitado por numerosos pobos mesoamericanos, especialmente o pobo pipil, así como o pobo lenca e os pobos maias. A comezos do século XVI, o Imperio Español conquistou o territorio, incluíndoo no Vicerreinado de Nova España, gobernado dende Cidade de México. Porén, o Vicerreinado de México tiña pouca ou ningunha influencia nos asuntos cotiáns do istmo de América Central, que foi colonizado en 1524. En 1609, a área converteuse na Capitanía xeneral de Guatemala, da cal O Salvador formou parte até a súa independencia de España en 1821, primeiro como parte do Primeiro Imperio Mexicano, do cal se secesionou, como parte da República Federal de América Central, en 1823. Cando a república se disolveu en 1841, O Salvador converteuse nun estado soberano, despois formou unha unión de curta duración con Honduras e Nicaragua chamada República Maior de América Central, que durou dende 1895 até 1898.[2][3][4]

Dende finais do século XIX até mediados do século XX, O Salvador padeceu inestabilidade política e económica crónicas, caracterizadas por golpes de estado, revoltas e unha sucesión de líderes autoritarios. A persistente desigualdade social e o malestar social culminaron na devastadora guerra civil do Salvador (1979–1992), entre o goberno militar e unha coalición de grupos guerreiros de esquerda. O conflito rematou cos Acordos de Paz de Chapultepec, que posibilitaron o estabelecemento dunha república constitucional multipartidista que se mantén até o presente.

A economía do Salvador estivo dominada historicamente pola agricultura, comezando coas plantas Indigofera, o cultivo máis importante durante o período colonial,[5][6] seguido polo café, que a comezos do século XX representaba o 90% das exportacións do país.[7][8] Dende entón, O Salvador reduciu a súa dependencia do café e embarcouse na diversificación da economía mediante a apertura de relacións comerciais e financeiros e a expansión do sector manufactureiro.[9] O colón, a moeda oficial do Salvador dende 1892, foi substituída polo dólar estadounidense en 2001.

O Salvador atópase no posto 16 entre os países de América Latina en termos de Índice de Desenvolvemento Humano, e o cuarto en América Central (detrás de Panamá, Costa Rica e Belize) grazas a que se atopa nunha fase de rápida industrialización.[10] Porén, o país segue a loitar contra os altos índices de pobreza, desigualdade e crime.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salvadoreño.
  2. Roy Boland (1 de xaneiro de 2001). Culture and Customs of El Salvador. Greenwood Publishing Group. p. 2. ISBN 978-0-313-30620-4. 
  3. Maureen Ihrie; Salvador Oropesa (20 de outubro de 2011). World Literature in Spanish: An Encyclopedia [3 volumes]: An Encyclopedia. ABC-CLIO. p. 332. ISBN 978-0-313-08083-8. 
  4. Jeanne M. Haskin (2012). From Conflict to Crisis: The Danger of U.S. Actions. Algora Publishing. p. 152. ISBN 978-0-87586-961-2. 
  5. Tommie Sue Montgomery (1995). Revolution in El Salvador: From Civil Strife to Civil Peace. Westview Press. p. 27. ISBN 978-0-8133-0071-9. 
  6. Kevin Murray (1 de xaneiro de 1997). El Salvador: Peace on Trial. Oxfam. pp. 8–. ISBN 978-0-85598-361-1. 
  7. Roy Boland (1 de xaneiro de 2001). Culture and Customs of El Salvador. Greenwood Publishing Group. p. 8. ISBN 978-0-313-30620-4. 
  8. Thomas L. Pearcy (2006). The History of Central America. Greenwood Publishing Group. p. 43. ISBN 978-0-313-32293-8. 
  9. Erin Foley; Rafiz Hapipi (2005). El Salvador. Marshall Cavendish. p. 43. ISBN 978-0-7614-1967-9. 
  10. Jeni Klugman (2010). "Human Development Report 2010" (Report). Palgrave Macmillan. p. 152. Consultado o 18 de outubro de 2013. 

Previous Page Next Page






Èl Salvador ACE Салвадор ADY El Salvador AF El Salvador ALS ኤል ሳልቫዶር AM El salvador AMI El Salvador AN Hǣlendlond ANG एल सेल्वडॉर ANP السلفادور Arabic

Responsive image

Responsive image