Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Ohio

Modelo:Xeografía políticaOhio
State of Ohio (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoBeautiful Ohio (en) Traducir (1969) Editar o valor en Wikidata

Lema«With God, all things are possible (en) Traducir» (1959–) Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialCardinalis cardinalis (pt) Traducir (aves) Editar o valor en Wikidata
AlcumeThe Buckeye State Editar o valor en Wikidata
EpónimoRío Ohio Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°30′N 82°30′O / 40.5, -82.5
EstadoEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
CapitalColumbus Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación11.799.448 (2020) Editar o valor en Wikidata (101,64 hab./km²)
Número de fogares4.717.226 (2020) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficialsen valor Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie116.096 km² Editar o valor en Wikidata
Auga8,85 % Editar o valor en Wikidata
Lonxitude da costasen valor Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Ohio e Lago Erie Editar o valor en Wikidata
Altitude260 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoCampbell Hill (en) Traducir (472,1 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Ohio Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1 de marzo de 1803 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoState of Ohio (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Gobernador Editar o valor en WikidataMike DeWine (2019–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea Xeral de Ohio , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Court of Ohio (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-OH Editar o valor en Wikidata
Identificador GNIS1085497 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webohio.gov Editar o valor en Wikidata
BNE: XX455335

Ohio (pronunciado [oʊˈhaɪoʊ]) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, situado na zona dos Grandes Lagos, e un dos seus principais centros industriais.[1] Localizado na Rexión Medio Oeste dos Estados Unidos[2] —a rexión máis industrializada do país— Ohio ten á industria como a súa principal fonte de ingresos. Outras fontes de ingresos importantes son as finanzas, a minería do carbón —que axudou a facer de Ohio unha das principais potencias industriais do país— a agricultura e o turismo.

A palabra "Ohio" significa na lingua iroquesa "Gran Río", "Río Longo" ou "Río Belo",[3][4][5] utilizada por este grupo de nativos americanos para describir o río Ohio. O alcume de Ohio é Buckeye State (o Buckeye é un castiñeiro do xénero Aesculus). Os bosques compostos por árbores deste xénero cubrían anteriormente todo Ohio, aínda que moitos destes bosques foron tallados para proporcionar materias primas a diversas industrias, así como para dar espazo á agricultura.[1] Ohio tamén reivindica o alcume de Mother of Modern Presidents (Nai dos Presidentes Modernos)[5], polo feito de que sete dos Presidentes dos Estados Unidos naceron e creceron en Ohio, aínda que este título pertence, de feito, a Virxinia, cun total de oito presidentes. Os presidentes estadounidenses nacidos en Ohio son Ulysses S. Grant, Rutherford B. Hayes, James A. Garfield, Benjamin Harrison, William McKinley, William Howard Taft e Warren G. Harding.[4] Un oitavo Presidente, William Henry Harrison, vivía en Ohio cando foi nomeado Presidente.

Os primeiros exploradores europeos en explorar a rexión foron os franceses. Ata 1763, a rexión de Ohio formaba parte da colonia francesa de Nova Francia, pasando entón a control británico. Coa independencia dos Estados Unidos en 1783, estes pasaron a controlar a rexión. Ohio converteuse no primeiro territorio do Territorio do Noroeste en ser elevado á categoría de estado, e o 17º en entrar na Unión, o 1 de marzo de 1803.[6] A expansión en dirección ao oeste e a construción de numerosas vías férreas no estado, o descubrimento de numerosos xacementos de carbón e unha sólida industria agropecuaria fixeron que Ohio convertésese a mediados do século XIX nunha gran potencia industrial. Ulysses S. Grant, nativo de Ohio, foi un dos principais líderes da Unión durante a Guerra de Secesión.

A rápida industrialización do estado fixo que diversas persoas nativas do estado destacasen polas súas invencións e ideas pioneiras.[7] Thomas Edison naceu en Ohio, e os Irmáns Wright —coñecidos mundialmente por ser os primeiros en voar nun avión (non sen controversias)— tamén creceron aquí. Outro nativo de Ohio mundialmente famoso é Neil Armstrong, a primeira persoa en pisar a Lúa.

Segundo os datos do censo do 2000, residían en Ohio 11.353.140 habitantes, repartidos por unha área de 116.096 km².

  1. 1,0 1,1 Artigo "Ohio". Columbia Encyclopedia, Sexta Edición.
  2. "Geographic Definitions" Arquivado 14 de setembro de 2007 en Wayback Machine. Census Region definition Attachment C, United States Census Bureau. Consultado o 5 de outubro de 2007.
  3. Iroquois Book of Rites: Appendix: Note B: Meaning of Ohio, Ontario and Onontio. The Internet Sacred Text Archive
  4. 4,0 4,1 Ohio: Facts, Map and State Symbols. Enchantedlearning.com
  5. 5,0 5,1 Introduction to Ohio - The United States of America. Netstate.com
  6. Ohio House History Arquivado 20 de decembro de 2006 en Wayback Machine.. Ohio General Assembly 2005-2006
  7. Ohio's Inventors. Ohio Public Library Information Network (OPLIN)

Previous Page Next Page






Ohio AF ኦሃዮ AM Ohio AN Ohio ANG أوهايو Arabic ܐܘܗܐܝܘ ARC أوهايو ARY اوهايو ARZ Ohio AST Ohio ATJ

Responsive image

Responsive image