Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Oncoxene

Ilustración de como unha célula normal se converte nunha célula cancerosa, cando se activa un oncoxene.

Un oncoxene é un xene que ten a potencialidade de causar cancro.[1] En células tumorais, estes xenes están a miúdo mutados ou expresados a altos niveis.[2] O xene que funcionaba normalmente a partir do cal se orixinou o oncoxene (ao alterarse xeneticamente ou na súa expresión) denomínase protooncoxene. A proteína que se orixina a partir do oncoxene denomínase oncoproteína.

A maioría das células normais sofren unha forma programada de morte rápida (apoptose) cando as súas funcións esenciais están alteradas. Os oncoxenes activados poden causar que as células que estaban destinadas á apoptose sobrevivan e proliferen.[3] A maioría de oncoxenes requiren para causar cancro un paso adicional, como que haxa mutacións noutro xene, ou factores ambientais, como infeccións virais. Desde a década de 1970, identificáronse ducias de oncoxenes que actúan en cancros humanos. Moitos fármacos contra o cancro teñen como diana as proteínas codificadas por oncoxenes.[2][4][5][6]

O descubrimento e coñecemento dos oncoxenes confirmou que o cancro é unha doenza xenética coas seguintes matizacións:

  • O desenvolvemento dun cancro non é debido á expresión dun só oncoxene. Cómpre a acumulación de varios oncoxenes nunha soa célula (teoría clonal) ou un número determinado de oncoxenes iguais en varias células para que se manifeste o cancro.
  • Os oncoxenes non son a única causa do cancro. O sistema inmunitario tamén é un dos factores reguladores, ao eliminar células cancerosas (que manifestan oncoxenes) ou, ao contrario, non recoñecer as células malignas e permitir a súa supervivencia e proliferación. O cancro é un conxunto de doenzas multifactoriais, polo que os oncoxenes non son a súa única causa.
  1. Wilbur, Beth, editor. The World of the Cell, Becker, W.M., et al., 7th ed. San Francisco, CA; 2009.
  2. 2,0 2,1 Kimball's Biology Pages. Arquivado 31 de decembro de 2017 en Wayback Machine. "Oncogenes" Free full text
  3. The Nobel Prize in Physiology or Medicine 2002. Presentación ilustrada.
  4. Croce CM (Jan 2008). "Oncogenes and cancer". N Engl J Med. 358 (5): 502–11. PMID 18234754. doi:10.1056/NEJMra072367. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2010. Consultado o 20 de marzo de 2016. 
  5. Yokota J (Mar 2000). "Tumor progression and metastasis". Carcinogenesis. 21 (3): 497–503. PMID 10688870. doi:10.1093/carcin/21.3.497. 
  6. The Nobel Prize in Physiology or Medicine 1989 to J. Michael Bishop and Harold E. Varmus for their discovery of "the cellular origin of retroviral oncogenes".

Previous Page Next Page