Alcume | The City Beautiful ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Orlando Reeves ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Florida | ||||
Condado | Condado de Orange (pt) ![]() ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 307.573 (2020) ![]() | ||||
Número de fogares | 113.238 (2020) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Grande Orlando (pt) ![]() ![]() ![]() | ||||
Superficie | 308,41 km² ![]() | ||||
Auga | 6,9 % (2020) ![]() | ||||
Altitude | 34 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 31 de xullo de 1875 (Xuliano) ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Orlando, Florida (en) ![]() ![]() | Buddy Dyer (pt) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32825 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 321 e 407 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Tainan (1982–) Guilin (pt) ![]() Urayasu (1989–) Reykjanesbær (pt) ![]() Sena e Marne (1991–) Monterrey (1995–) Curitiba (1996–) Valladolid (2006–) ![]() | ||||
Sitio web | orlando.gov ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A cidade de Orlando é a sede do Condado de Orange e é cidade central da zona metropolitana do mesmo nome, así como tamén cabeceira da rexión coñecida como Florida Central, no estado de Florida, no sueste dos Estados Unidos. Segundo o censo estadounidense do ano 2000, a cidade tiña unha poboación de 185.951 (a poboación na área metropolitana é de 1.644.561). Un conteo local da poboación en 2003 deu o resultado de 199.336. É a sexta cidade máis grande de Florida e a cidade non costeira máis grande. É ademais a cabeceira da terceira área metropolitana máis grande do estado, detrás de Miami-Fort Lauderdale e Tampa, Florida-San Petersburgo.
A cidade é moi coñecida polas súas atraccións turísticas, particularmente polo Walt Disney World Resort. Outras atraccións son SeaWorld e o Universal Orlando Resort. O centro da cidade de Orlando, máis coñecido coma Downtown Orlando, foi obxecto de continua reestruturación, a pesar de estar afastada das principais atraccións turísticas. É sede de Orlando Sentinel, un dos periódicos máis grandes do estado, e dos Orlando Magic, equipo profesional de baloncesto da NBA.
O seu actual alcalde é Buddy Dyer.