Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Osteoclasto

Osteoclasto sobre o tecido óseo, mostrando as súas características de ser unha célula grande e multinucleada e ter un citoplasma "escumoso".

Un osteoclasto, do grego "óso" (Οστό) e "roto" (κλαστός), é un tipo de célula do tecido óseo que destrúe o tecido óseo durante a súa remodelación, eliminando a súa matriz mineralizada e degradando a parte orgánica da matriz (fundamentalmente coláxeno). Este proceso denomínase reabsorción ósea ou resorción ósea. Os osteoclastos foron descubertos por Kolliker en 1873.[1] Os osteoclastos e osteoblastos controlan a cantidade de tecido óseo: os osteoblastos forman óso, e os osteoclastos reabsórbeno. Os osteoclastos están formados pola fusión de células da liña celular monocito-macrófago.[2] Os osteoclastos caracterízanse pola intensa expresión das proteínas fosfatase ácida tartarato resistente (TRAP) e catepsina K.

  1. Nijweidi Peter J., JEAN H. M. FEYEN (1986). "Cells of Bone: Proliferation, Differentiation, and Hormonal Regulation". Physiological Reviews 66 (4): 855–886. PMID 3532144. 
  2. Netter, Frank H. (1987), Musculoskeletal system: anatomy, physiology, and metabolic disorders. Summit, New Jersey: Ciba-Geigy Corporation ISBN 0-914168-88-6, p. 169

Previous Page Next Page






ناقضة العظم Arabic Osteoklast BS Osteoclast Catalan Osteoklast Czech Osteoklast German Osteoclast English Osteoclasto Spanish Osteoklasto EU استئوکلاست FA Osteoklasti Finnish

Responsive image

Responsive image