Ouguiya | |
---|---|
أوقية (árabe) Ouguiya (francés) | |
Código: | MRU |
Ámbito: | Mauritania Sáhara Occidental (de facto) |
Símbolo: | UM |
Fracción: | 5 khoums. |
Moedas: | ⅕, 1, 2, 5, 10, 20 ouguiya. |
Billetes: | 50, 100, 200, 500, 1.000 ouguiya. |
Emisor: | Banco Central de Mauritania |
Taxa de troco: 26-01-2021 | 1 EUR = 434,48 MRU 1 USD = 357 MRU[1] |
A ouguiya (en árabe: أوقية) é a unidade monetaria de Mauritania,[2] dividida en cinco khoums. A actual ouguiya, con código ISO MRU, introduciuse en 2018 en substitución da vella ouguiya (código MRO), a razón dunha nova por cada dez vellas. [3]
O seu nome deriva da pronuncia árabe hasaní da palabra uqiyyah – أُوقِية–, que significa "onza".