![]() ![]() | |
Nome orixinal | (la) Publius Ovidius Naso ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 20 de marzo de 43 a. C. ![]() Sulmona, Italia ![]() |
Morte | 17 ![]() Tomis, Romanía (en) ![]() ![]() |
Residencia | Constancia (8–) ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta ![]() |
Período de tempo | Imperio Romano ![]() |
Xénero artístico | Traxedia, Elexía e Epopea ![]() |
Profesores | Marcus Porcius Latro (en) ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Larousse en liña ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Publio Ovidio Nasón (latín: Publius Ovidius Naso) nado en Sulmona o 20 de marzo do 43 a. de C. e finado en Tomis, actual Constanza no mar Negro no 17 ou 18 d. C., foi un poeta romano que escribiu sobre temas de amor, mulleres abandonadas e transformacións mitolóxicas. Cóntase, xunto con Virxilio e Horacio, como un dos tres poetas por excelencia da literatura latina. Ovidio foi amplamente considerado o máis grande mestre do dístico elexíaco. A súa poesía, moi imitada durante o final da Idade Antiga e a Idade Medieval, tivo unha influencia decisiva na arte e a literatura de Europa durante moitos séculos.
Ovidio escribía en dísticos elexíacos[1] con só dúas excepcións: o seu Medea perdida, os dous fragmentos da que se conservan están en trimetres iámbicos[2] e en anapestos,[3] respectivamente, e a súa grande Metamorfoses, que escribiu en hexámetros dactílicos, o mesmo que a Eneida de Virxilio e os poemas épicos (Ilíada e a Odisea) de Homero. Ovidio ofrece unha épica diferente á dos seus predecesores, unha historia cronolóxica do cosmos desde a creación ata o seu propio día, e incorpora moitos mitos e lendas sobre transformacións sobrenaturais propias das tradicións grega e romana.