Extensión da pandemia o 13 de agosto de 2020. + 10 000 casos confirmados por millón
3 000–10 000 casos confirmados por millón
1 000–3 000 casos confirmados por millón
300–1 000 casos confirmados por millón
100–300 casos confirmados por millón
>0–100 casos confirmados por millón
Sen casos confirmados ou sen datos
A pandemia por coronavirus de 2019–2023 é unha pandemia global actual de doenza do coronavirus 2019 (COVID-19) causada polo coronavirus 2 da síndrome respiratoria aguda severa (SARS-CoV-2 ). O virus foi identificado por vez primeira en Wuhan , na provincia chinesa de Hubei , en decembro de 2019, estendéndose finalmente a cada provincia do país .[ 1] [ 2] O 11 de marzo de 2020 , a Organización Mundial da Saúde declarou o abrocho como unha pandemia .[ 3] A data do 13 de agosto, máis de 20 millóns de casos foron confirmados en máis de 200 países e territorios, co maior número de casos nos Estados Unidos , Brasil , India , Rusia , Suráfrica , Perú , México , Colombia , Chile , España , Irán e o Reino Unido .[ 4] [ 5] Máis de 13 millóns de persoas conseguiron recuperarse da doenza e máis dun millón morreron.[ 5]
Con motivo da pandemia da COVID-19 as autoridades sanitarias de todo o mundo lanzaron mensaxes de como actuar para previr a enfermidade ou que facer de ter síntomas con mensaxes en televisión, radio, Internet e nas rúas. Na imaxe un decálogo das autoridades sanitarias de Galicia de como actuar no caso de ter síntomas exposto nun comercio galego.
A transmisión do virus entre as persoas é semellante á da gripe , a través das vías respiratorias por tusir ou esbirrar .[ 6] [ 7] [ 8] O tempo entre a exposición e a aparición dos primeiros síntomas é polo xeral de cinco días, mais pode variar dende os dous ós catorce días.[ 8] [ 9] Os síntomas máis comúns son febre , tose e falta de alento.[ 8] [ 9] As complicacións poden incluír pneumonía e síndrome de dificultade respiratoria aguda . No presente, non existe unha vacina ou tratamento antiviral específico, mais estanse a facer investigacións. Os esforzos están dirixidos a controlar os síntomas e coidados de apoio . As medidas preventivas recomendadas inclúen a hixiene das mans , manter a distancia con outras persoas (particularmente aquelas que estean enfermas), e a monitorización e illamento durante catorce días das persoas sospeitosas de estaren infectadas.[ 7] [ 8] [ 10]
A resposta das autoridades sanitarias en todo o mundo inclúe medidas como as restricións de viaxes, corentenas , toques de queda e peches de colexios. Isto supuxo a corentena de toda Italia e da provincia chinesa de Hubei ; toques de queda na China e en Corea do Sur;[ 11] [ 12] [ 13] métodos de detección en aeroportos e estacións de tren;[ 14] e advertencias de viaxes a rexións con transmisión comunitaria.[ 15] [ 16] [ 17] [ 18] As escolas foron pechadas a nivel local ou nacional en máis de 190 países, afectando a máis do 90% dos estudantes do mundo.[ 19]
Os efectos mundiais da epidemia implicaron inestabilidade política e social,[ 20] [ 21] xenofobia e racismo contra persoas de ascendencia chinesa ou de Asia oriental,[ 22] [ 23] [ 24] [ 25] [ 26] e a difusión en liña de desinformación e teorías da conspiración sobre o virus e a súa orixe.[ 27] [ 28] [ 29]
↑ "Coronavirus disease (COVID-19) outbreak" . who.int . Consultado o 8 de marzo de 2020 .
↑ BBC News, ed. (31 de xaneiro de 2020). "Coronavirus declared global health emergency" . Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2020. Consultado o 13 de febreiro de 2020 .
↑ Organización Mundial da Saúde , ed. (11 de marzo de 2020). "WHO Director-General's opening remarks at the media briefing on COVID-19 - 11 March 2020" . Consultado o 11 de marzo de 2020 .
↑ "Coronavirus Update (Live) for COVID-19 Wuhan China Virus Outbreak – Worldometer" . www.worldometers.info (en inglés ) . Consultado o 13 de agosto de 2020 .
↑ 5,0 5,1 "" Coronavirus COVID-19 Global Cases by Johns Hopkins CSSE" " . gisanddata.maps.arcgis.com. (en inglés ) . Consultado o 13 de agosto de 2020 .
↑ "Getting your workplace ready for COVID-19" (PDF) . World Health Organization . 27 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de febreiro de 2020. Consultado o 11 de marzo de 2020 .
↑ 7,0 7,1 "Q&A on coronaviruses" . Organización Mundial da Saúde (WHO) . 11 de febreiro de 2020. Consultado o 24 de febreiro de 2020 .
↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 "Symptoms of Novel Coronavirus (2019-nCoV) | CDC" . U.S. Centers for Disease Control and Prevention (CDC) . 10 de febreiro de 2020. Consultado o 11 de febreiro de 2020 .
↑ 9,0 9,1 Rothan, Hussin A.; Byrareddy, Siddappa N. (26 de febreiro de 2020). "The epidemiology and pathogenesis of coronavirus disease (COVID-19) outbreak" . Journal of Autoimmunity : 102433. ISSN 0896-8411 . doi :10.1016/j.jaut.2020.102433 .
↑ "Coronavirus Disease 2019 (COVID-19)" . Centers for Disease Control and Prevention (en inglés) . 11 de febreiro de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2020 .
↑ "Coronavirus: Shanghai neighbour Zhejiang imposes draconian quarantine" . South China Morning Post . 6 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2020. Consultado o 8 de febreiro de 2020 .
↑ Marsh, Sarah (23 de febreiro de 2020). The Guardian , ed. "Four cruise ship passengers test positive in UK – as it happened" . ISSN 0261-3077 . Consultado o 23 de febreiro de 2020 .
↑ CNN (ed.). "新型肺炎流行の中国、7億8000万人に「移動制限」" (en xaponés) .
↑ "Coronavirus Update: Masks And Temperature Checks In Hong Kong" . Nevada Public Radio . Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 26 de xaneiro de 2020 .
↑ "Coronavirus Disease 2019 Information for Travel" . U.S. Centers for Disease Control and Prevention (CDC) . 3 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2020 .
↑ Deerwester, Jayme; Gilbertson, Dawn. "Coronavirus: US says 'do not travel' to Wuhan, China, as airlines issue waivers, add safeguards" . USA Today . Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2020. Consultado o 26 de xaneiro de 2020 .
↑ "Coronavirus Live Updates: Europe Prepares for Pandemic as Illness Spreads From Italy" . The New York Times . 26 de febreiro de 2020. Consultado o 26 de febreiro de 2020 .
↑ Government of the United Kingdom (ed.). "Coronavirus (COVID-19): latest information and advice" . Consultado o 27 de febreiro de 2020 .
↑ "Coronavirus impacts education" . UNESCO (en inglés) . 4 de marzo de 2020. Consultado o 11 de maio de 2020 .
↑ The New York Times , ed. (29 de febreiro de 2020). "Here Comes the Coronavirus Pandemic – Now, after many fire drills, the world may be facing a real fire." . Consultado o 1 de marzo de 2020 .
↑ Krugman, Paul (27 de febreiro de 2020). The New York Times , ed. "When a Pandemic Meets a Personality Cult" . Consultado o 29 de febreiro de 2020 .
↑ Young, Evan (31 de xaneiro de 2020). "' This is racism': Chinese-Australians say they've faced increased hostility since the coronavirus outbreak began" . Special Broadcasting Service .
↑ Iqbal, Nosheen (1 de febreiro de 2020). The Observer, ed. "Coronavirus fears fuel racism and hostility, say British-Chinese" . ISSN 0029-7712 . Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020 .
↑ "Coronavirus fears trigger anti-China sentiment across the globe" . Global News . Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020 .
↑ Yeung, Jessie. CNN, ed. "As the coronavirus spreads, fear is fueling racism and xenophobia" . Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020 .
↑ Darrach, Amanda (25 de febreiro de 2020). "The new coronavirus and racist tropes" . Columbia Journalism Review .
↑ NPR (ed.). "Fake Facts Are Flying About Coronavirus. Now There's A Plan To Debunk Them" . Consultado o 23 de febreiro de 2020 .
↑ Perper, Rosie (5 de marzo de 2020). Business Insider , ed. "As the coronavirus spreads, one study predicts that even the best-case scenario is 15 million dead and a $2.4 trillion hit to global GDP" – vía Yahoo! .
↑ Clamp, Rachel (5 de marzo de 2020). The Conversation , ed. "Coronavirus and the Black Death: spread of misinformation and xenophobia shows we haven't learned from our past" – vía Yahoo! .