Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Paradise Lost

Paradise Lost
Título orixinalParadise Lost
Autor/aJohn Milton
OrixeInglaterra
Lingualingua inglesa
EditorialSamuel Simmons
Data de pub.1667
Na rede
BNE: XX2219050
editar datos en Wikidata ]


Paradise Lost (en galego O paraíso perdido) é un poema narrativo de John Milton (1608-1674), considerado como un clásico da literatura inglesa, e que deu orixe a un tópico literario moi espallado na literatura universal. Supera os 10.000 versos escritos sen rima.[1] O poema é unha epopea sobre o tema bíblico da caída de Adán e Eva. Trata, fundamentalmente, do problema do mal e o sufrimento no sentido de responder á pregunta de por que un Deus bo e todopoderoso decide permitilos cando lle sería doado evitalos.

Milton responde a través dunha descrición psicolóxica dos principais protagonistas do poema: o demo, Deus, Adán e Eva, cuxas actitudes acaban por revelar a mensaxe esperanzadora que se atopa trala perda do paraíso orixinal. No poema, o ceo e o inferno representan estados de ánimo antes que espazos físicos.

A obra comeza no inferno (descrito mediante referencias á permanente insatisfacción e desesperación dos seus habitantes), dende onde Satanás (definido polo sufrimento) decide vingarse de Deus de forma indirecta, isto é, a través dos seres recentemente creados que viven nun estado de ledicia permanente.

  1. Di Milton no prólogo: "A rima non é un complemento necesario nin un verdadeiro ornameno do poema ou o bo verso, especialmente nas obras máis extensas (...) Este abandono da rima non ha de terse, pois, por un defecto (...) senón máis ben considerarse como un exemplo, o primeiro en inglés, da antiga liberdade recuperada para o poema heroico".

Previous Page Next Page