(es) Parque Nacional del Teide ![]() | ||||
Tipo | espazo natural protexido Parque Nacional de España ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Rede de Parques Nacionais de España ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Illas Canarias, España e Provincia de Santa Cruz de Tenerife, España ![]() | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Altitude | 2.278 m ![]() | |||
Superficie | 189,9 km² 18.824,6115 ha ![]() | |||
Patrimonio da Humanidade ![]() | ||||
Tipo | Patrimonio natural → Europa-América do Norte | |||
Data | 2007 (31ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii) e (viii) ![]() | |||
Identificador | 1258 | |||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | ![]() ![]() | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 22 de xaneiro de 1954 e 1954 ![]() | |||
Sitio web | miteco.gob.es… ![]() | |||
O Parque Nacional do Teide ocupa a zona máis alta da illa de Tenerife, nas Canarias. Declarado o 22 de xaneiro de 1954 como parque nacional,[1] é o máis grande e antigo dos parques nacionais das Illas Canarias, e un dos máis antigos de España. En 2007 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e tamén desde ese ano o Parque Nacional do Teide é considerado como un dos 12 Tesouros de España.[2]
Nesta zona atópase o volcán do Teide que cos seus 3.718 metros, é o pico máis alto das Canarias, de España e de calquera terra emerxida do océano Atlántico. É ademais, o terceiro volcán máis grande do mundo desde a súa base, só superado polo Mauna Loa e o Mauna Kea en Hawai. Xunto ao Teide atópase a segunda montaña máis alta do Arquipélago Canario, o Pico Viejo con 3.135 metros sobre o nivel do mar, sendo ambos as únicas montañas canarias que exceden os 3.000 metros de altitude.
O Parque Nacional do Teide, foi en 2008 o Parque nacional máis visitado dos catro cos que contan as Illas Canarias cun total de 2,8 millóns de visitantes, segundo datos do Instituto Canario de Estatística (ISTAC), sendo ademais o Parque Nacional máis visitado de España, o máis visitado de Europa e o segundo do mundo con 3.142.148 visitantes en 2007.[3]