Passeri Páseros, paxaros cantores Rango fósil: Eoceno temperán - actualidade | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Eopsaltria australis
| |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Familias | |||||||||||
| |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
|
Os Passeri, páseros ou paxaros cantores (ou canoros) son un clado (ao que os autores danlle a categoría sisemática de suborde) de aves pertencentes á orde dos paseriformes. Tamén se lles chama Oscines, do latín oscen, 'paxaro cantor'. Este grupo contén unhas 4 000 especies que se encontran en todo o mundo, nas cales o seu órgano vocal (sirinxe) está moi desenvolvido e produce cantos elaborados e diversos.
Forman unha das principais liñaxes dos actuais paseriformes. Outra gran liñaxe de paxaros con capacidade de canto é a dos Tyranni (tiranos), que son máis diversos no Neotrópico e están ausentes en moitas partes do mundo, pero estes teñen unha musculatura da sirinxe máis simple, e aínda que as súas vocalizacións son a miúdo tan complexas coma as dos Passeri, teñen un son máis mecánico. Hai unha terceira liñaxe de paseriformes, os Acanthisitti (acantiisitos) de Nova Zelandia, da cal quedan hoxe tan só dúas especies viventes.[1]
Hai probas que suxiren que os Passeri eolucionaron hai 50 millóns de anos na parte do antigo continente de Gondwana que despois se convertería en Australia, Nova Zelandia, Nova Guinea e a Antártida, antes de espallárense por todo o mundo.[2]