Percebe Pollicipes pollicipes | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Pollicipes pollicipes (Gmelin, 1789) [1] | |||||||||||||||||||
Distribución do percebe
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
O percebe (Pollicipes pollicipes), tamén denominado mixote, percebe da pedra, percebe da sombriza e percebe mexón, segundo M. C. Ríos Panisse[4] e mais Rosa Ramonell,[5] é unha especie de artrópodo pertencente á familia dos policipédidos da orde dos pedunculados e infraclase dos cirrípedes, do subfilo dos crustáceos, estando en consecuencia ligado de lonxe cos cangrexos e as lagostas. Algunhas autoridades académicas consideran os cirrípedes como clase plena.
A especie foi descrita por primeira vez polo químico e naturalista alemám Johann Friedrich Gmelin en 1789, baixo o nome de Lepas pollicipes. Das ao redor de 1220 especies de percebes coñecidas, Pollicipes pollicipes (antes Pollicipes cornucopia) é a común nas augas galegas.