Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O permiso, licenza ou carné de conducir é un documento que acredita unha autorización administrativa que permite ó seu posuidor o manexo de vehículos pola vía pública.
Calquera condutor deberá estar en posesión do permiso e levalo consigo cando conduza, aínda que tamén é válido levar unha fotocopia do orixinal debidamente compulsada, estando obrigado a exhibilo ante a autoridade ou os seus axentes cando así o soliciten.
Circular sen esta autorización, dará lugar á inmobilización do vehículo manexado e a unha denuncia por parte do Axente.