Peso chileno | |
---|---|
Código: | CLP |
Ámbito: | Chile |
Símbolo: | $ |
Fracción: | 100 centavos (non vixente) |
Moedas: | 1, 5, 10, 50, 100, 500 pesos. |
Billetes: | 500, 1.000, 2.000, 5.000, 10.000 e 20.000 pesos. |
Emisor: | Banco Central de Chile. |
Taxa de troco: 24-4-2020 [1] | 1 EUR = 925,81 CLP 1 USD = 858,87 CLP |
O peso chileno (código CLP; símbolo $) é a moeda de curso legal da República de Chile.[2][3] Estableceuse en 1818, como primeira moeda nacional do país logo da súa independencia, e en 1851 incorporouse o centavo como unidade divisionaria de carácter decimal.
Este primeiro peso mantívose como a moeda de curso legal en Chile ata o 31 de decembro de 1959, cando foi substituído polo escudo.[4] Posteriormente, o Decreto lei 1123 de 1975 reintroduciu o peso como unidade monetaria nacional a partir do 29 de setembro dese ano, cunha taxa de conversión dun peso chileno novo por cada mil escudos.[3] A subdivisión en centavos mantívose ata o 1 de xaneiro de 1984, cando a contabilidade se empezou a levar unicamente en pesos enteiros, eliminando os centavos.[5]
Historicamente, o peso chileno cuñouse na Casa da Moeda de Chile (1743) e a súa emisión está regulada polo Banco Central de Chile (1925).[6]