Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Piedade filial

Escena da dinastía Song. Ilustración do Clásico de Xiao, ou Clásico da Piedade Filial (detalle), que mostra a un fillo axeonllado ante os seus pais.[1]

Na filosofía confuciana, a piedade filial ou xiao (chinés tradicional e simplificado: 孝; pinyin: Xiào; Wade-Giles: Hsiao4) é unha virtude de respecto polos pais e os antepasados. A piedade filial é fundamental na filosofía confuciana. O clásico confuciano Xiaojing ou Clásico da piedade filial, probabelmente escrito ao redor do período Qin - Han, foi historicamente a fonte autorizada da doutrina confuciana da piedade filial. O libro, unha conversación entre Confucio e o seu estudante Zeng Shen (曾参, tamén coñecido como Zengzi, 曾子), trata sobre como crear unha boa sociedade usando o principio de Xiao.A expresión tamén se pode aplicar á obediencia en xeral.

  1. "Paintings with political agendas". Consultado o 12 de janeiro de 2012. 

Previous Page Next Page