![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2014.) |
Tipo | cordilleira ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Pyrene (en) ![]() ![]() | ||||
Parte de | cinturón alpino ![]() | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Aquitania-Lemosín-Poitou-Charentes, Francia, Occitania, Francia, País Vasco, España, Aragón, España, Navarra, España e Cataluña, España ![]() | ||||
Localización | Sudoeste Europeu (pt) ![]() ![]() | ||||
| |||||
Comparte fronteira con | Val do Ebro, sur Aquitaine Basin (en) ![]() ![]() | ||||
Conéctase con | Península Ibérica ![]() | ||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Altitude | 3.404 m ![]() | ||||
Dimensións | 491 (![]() | ||||
Punto máis alto | Pico Aneto ![]() ![]() | ||||
Atravesa | España, Francia e Andorra ![]() | ||||
Material usado | Rocha metamórfica ![]() | ||||
Superficie | 19.000 km² ![]() | ||||
Historia | |||||
Período de tempo | Eoceno, Paleozoico e Mesozoico ![]() | ||||
Os Pireneos[1][2] (en aragonés: Pireneus, en castelán: Pirineos, en catalán: Pirineus, en éuscaro: Pirinioak, en francés: Pyrénées, en occitano: Pirenèus) ou o Pireneo constitúen unha cordilleira no suroeste da Europa que forma unha fronteira natural entre a Península Ibérica e Francia, e esténdense entre o mar Cantábrico (golfo de Biscaia) e o mar Mediterráneo (cabo de Creus) durante aproximadamente 415 km. Na súa parte central chega a ter uns 150 km de largo.
Na súa maior parte, a súa crista principal forma a fronteira franco-española, co principado de Andorra entre os seus dous grandes veciños. A principal excepción a esa regra constitúea o Val de Arán, que pertence a España mais se localiza na cara norte da cordilleira. Outra anomalía orográfica inclúe a catarata de Cerdanya e o enclave español de Llívia.
A súa orixe está no pregamento alpino. Os materiais predominantes son calcarias, cuarcitas e lousas. O seu relevo é máis abrupto na parte central, con altitudes máximas de 3.356 m no Monte Perdido e 3.404 m no Aneto.