Pobo cheyenne | |
---|---|
Fotos de cheyennes. | |
Poboación | |
Poboación total: Norte: 10 840[1] Sur: 12 130[2] | |
Rexións principais: | |
Estados Unidos) | 22 970 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua cheyenne, sinais dos indios das chairas e inglés |
Relixión | Relixión tradicional, cristianismo, outras |
Grupos relacionados | Arapaho e outros pobos algonquinos |
Os cheyennes[3] ou cheiéns[4][5] son unha nación de nativos norteamericanos que habitan as Grandes Chairas dos Estados Unidos. A nación cheyenne está composta por dúas tribos, os Sotaeo'o (sen unha tradución clara) e os Tsitsistas. O nome "cheyenne" deriva dunha palabra en lingua síux que significa 'Pequeno Cree'.