Pobo lituano | |
---|---|
Rapazas lituanas. | |
Poboación | |
Poboación total: c 3,7[1]–4,1 millóns[2] | |
Rexións principais: | |
Lituania | 2 561 300 (2011)[3] |
Estados Unidos | 652 790 (2014)[4] |
Brasil | 200 000 (2002)[5] |
Reino Unido | 100 000 (2011)[6] |
Canadá | 49 130 (2011)[7] |
Noruega | 43 705 (2017)[8] |
Alemaña | 39 000 (2014)[9] |
Irlanda | 36 683 (2011)[10] |
Rusia | 31 377 (2010) |
Letonia | 24 426 (2011)[11] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua lituana |
Relixión | Católicos |
Grupos relacionados | Pobo letón e pobo livonio |
Os lituanos[12] (en lituano: lietuviai, singular lietuvis/lietuvė) son grupo étnico báltico nativo de Lituania, onde roldan as 2 561 300 persoas.[3] Outro millónde lituanos conforman a diáspora, que se atopa en países como os Estados Unidos, o Brasil, o Canadá, Rusia, o Reino Unido e Irlanda. A súa lingua nativa é o lituano, unha das dúas linguas sobreviventes da familia de linguas bálticas. Segundo o censo de 2001, o 83,45% da poboación de Lituania identifícase a si mesma como lituana, o 6,74% como polaca, o 6,31% como rusos, o 1,23% como belarusos e o 2,27% como membros doutro grupo étnico. A maioría dos lituanos pertencen á Igrexa católica, mentres que os lituanos de Prusia que vivían na rexión antes da segunda guerra mundial son principalmente luteráns.