Pobo lucayo | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: | |
Rexións principais: | |
Bahamas | extintos |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua taína |
Relixión | relixión tradicional |
Grupos relacionados | pobo taíno |
Os lucayos eran as habitantes orixinais das Bahamas antes da chegada dos colonizadores europeos. Eran unha póla dos taínos que habitaron a maioría das illas caribeñas daquela. Os lucayos foron os primeiros habitantes das Américas que atopou Cristovo Colón. Os conquistadores comezaron a escravizar os lucayos pouco despois da chegada de Colón e practicamente foron eliminados das Bahamas por volta do ano 1520.
O nome "lucayo" deriva do taíno Lukku-Cairi (o nome co que se describían a si mesmo), e quere dicir "persoas das illas". (A palabra taína para "illa", cairi, converteuse en cayo en español e "cay" /ˈkiː/ en inglés).[1]