O potencial de membrana é a voltaxe da diferenza de potencial eléctrico a un lado e ó outro da membrana plasmática dunha célula. A membrana das células está polarizada, debido a que hai un repartimento desigual de cargas eléctricas entre o interior e o exterior da célula. Isto crea unha diferenza de potencial, sendo o exterior positivo respecto ó interior.