Praha (cs) | |||||
Alcume | Mater urbium, Stověžatá Praha, Praga Caput Regni e Praga Caput Rei publicae | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
País | República Checa | ||||
Enclave en | Bohemia Central | ||||
Capital de | República Checa (1993–) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.384.732 (2024) (2.790,62 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 579.509 (2011) | ||||
Lingua usada | lingua checa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 496,21 km² | ||||
Auga | 2,2 | ||||
Bañado por | Río Moldava, Čertovka, Botič, Dalejský potok, Prokopský potok, Říčanský potok, Lochkovský potok e Rokytka | ||||
Altitude | 235 m | ||||
Punto máis alto | Teleček (en) (399 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Moldava | ||||
Comparte fronteira con | Zeleneč (pt) Ořech (pt) Kněževes (pt) Průhonice (pt) Zlatníky-Hodkovice (pt) Křenice (pt) Veleň (pt) Šestajovice (pt) Zbuzany (pt) Únětice (pt) Horoměřice (pt) Čestlice (pt) Zvole (pt) Prague-East District (en) Kosoř (pt) Dolní Břežany (pt) Nupaky (pt) Jirny (pt) Tuchoměřice (pt) Prague-West District (en) Jesenice (pt) Dobrovíz (pt) Říčany (pt) Květnice (pt) Bořanovice (pt) Jenštejn (pt) Přezletice (pt) Úvaly (pt) Černošice (pt) Zdiby (pt) Vestec (pt) Hovorčovice (pt) Hostivice (pt) Jinočany (pt) Chrášťany (pt) Radonice (pt) Podolanka (pt) Jíloviště (pt) Sibřina (pt) Roztoky (pt) Bohemia Central | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | século VIII | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Bohuslav Svoboda (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | concello de Praga , (Escano: 65) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 1.193.200.000.000 Kč (2016) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 100 00–199 00, 252 26 e 252 28 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 2 | ||||
ISO 3166-2 | CZ-10 e CZ-PR | ||||
Código NUTS | CZ010 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Taipei (2020–) | ||||
Sitio web | praha.eu | ||||
Praga (en checo: Praha, [ˈpraɦa] (AFI), escoitar) é a capital da República Checa e da rexión histórica de Bohemia. Con anterioridade foino do Reino de Bohemia e de Checoslovaquia. A cidade ten aproximadamente 1,3 millóns de habitantes, o que a converte na cidade máis poboada do país. A área metropolitana de Praga conta cunha poboación de 2,7 millóns de habitantes.[1] A cidade ten un clima oceánico temperado, con veráns relativamente quentes e invernos fríos.
Situada á beira do río Moldava, é un centro económico, político e cultural de Europa central que conta cunha rica historia. Praga desenvolveuse a partir do século IX converténdose nunha das capitais máis importantes de Europa nos séculos XVIII e XIX. Con todo, no século XX, sufriu as dúas guerras mundiais e os réximes nazi e soviético.[2] Trala Revolución de Veludo e a caída do Muro de Berlín a cidade tivo que facer fronte a unha dura adaptación cara a unha economía de mercado.
Praga é o fogar de numerosas atraccións culturais, moitas das cales sobreviviron a violencia e a destrución que padeceu Europano século XX. Entre elas salientan o castelo de Praga, a ponte de Carlos, a praza da cidade vella co Reloxo Astronómico, o barrio xudeu, o outeiro de Petřín e Vyšehrad. Dende 1992, o centro histórico da cidade foi incluído na lista da UNESCO como Patrimonio da Humanidade. A cidade conta con dez grandes museos, xunto con numerosos teatros, galerías, cinemas e outros lugares históricos. Un sistema público e moderno conecta toda a cidade e conta cunha gran variedade de institucións educativas públicas e privadas, incluíndo a Universidade Carolina de Praga, a máis antiga universidade de Europa central.
Praga está clasificada como unha cidade global "alpha" segundo estudos de GaWC[3] e foi clasificada no sexto posto na lista mundial de Tripadvisor como mellores destinos de 2016.[4] En 2019, a cidade clasificouse no posto 69 das cidades máis habitables do mundo de acordo con Mercer.[5] No mesmo, o indicador PISCA clasficou a Praga como a décimo terceira cidade máis habitable do mundo.[6] A súa rica historia convértena nun destino turístico popular, e no ano 2017 recibiu máis de 8,5 millóns de visitantes. En 2017, Praga clasificouse como a quinta cidade máis visitada de Europa, despois de Londres, París, Roma e Istambul.[7]