![]() ![]() | |
Nome na lingua orixinal | (en) Premier League ![]() |
---|---|
Tipo | liga de fútbol ![]() |
Organizador | Premier League ![]() |
Parte de | sistema de ligas de futebol de Inglaterra (pt) ![]() ![]() |
Liga inferior | Football League Championship ![]() |
Número de participantes | 20 ![]() |
Localización e Datas | |
Area de operación | Inglaterra e Gales ![]() |
Vixencia | 1992 – ![]() |
Calendario da tempada | agosto – maio ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
Datos estatísticos | |
Partidos | 380 ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | premierleague.com ![]() |
A Premier League, tamén coñecida no Reino Unido como The Premiership, é a máxima categoría da liga de clubs de fútbol de Inglaterra. Foi fundada en 1992, seguindo a decisión dos equipos da Football League First Division (até entón a máxima categoría da liga inglesa) de separarse da "Football League" para tomar vantaxe dun lucrativo trato de dereitos de televisión.
A Premier League está actualmente constituída por vinte equipos en cada tempada, e un total de corenta e oito competiron nela ao longo dos anos, con todo, só seis equipos gañaron o título até o de agora: Arsenal, Blackburn Rovers, Chelsea, Leicester City, Manchester City e Manchester United. O actual campión é o Manchester City.
O torneo está considerado como a mellor liga do mundo segundo a clasificación oficial da Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS).[1]