Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2019.) |
Prishtinë (sq) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado unitario | Kosovo | |||
Distrito (pt) | Pristina (pt) | |||
Municipality of Kosovo (en) | Prishtina City (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 198.897 (2011) (380,21 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 523,13 km² | |||
Altitude | 652 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | Shpend Ahmeti | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 10000 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 38 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | prishtinaonline.com |
Pristina (Prishtina ou Prishtinë en lingua albanesa, Приштина ou Priština en serbio) é a capital de Kosovo, un país dos Balcáns europeos que acadou a independencia o 17 de febreiro de 2008. Ten 465.186 habitantes, segundo o censo de 2011.
Pristina á actualmente a maior cidade de Kosovo e capital do territorio, esperando unha resolución definitiva do seu status administrativo. Desde a fin da guerra, a cidade volveu aumentar a súa poboación e é o principal centro económico, político e cultural de Kosovo.
A economía da cidade depende de maneira especial dos sectores da alimentación, os produtos farmacéuticos, a xoiería e os téxtiles. Na localidade próxima de Sllatina (en albanés) ou Slatina (en serbio), está o Aeroporto de Pristina, único aeroporto internacional de Kosovo.
No ano 1960 fundouse a Universidade de Pristina, única universidade de Kosovo. Durante a época iugoslava, as clases impartíanse en serbocroata. Dende a fin da guerra, a universidade utiliza case de forma exclusiva o albanés como lingua de instrución.
O actual alcalde da cidade é Isa Mustafa, representante da Liga Democrática de Kosovo (LDK).