Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Pterocles

Pterocles

Spotted sandgrouse
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Pterocliformes
Familia: Pteroclidae
Xénero: Pterocles
Temminck, 1815
Especie tipo
'Tetrao alchata (hoxe Pterocles alchata)
Linnaeus, 1766
Especies

Ver texto

Pterocles é un xénero de aves da familia dos pteróclidos, chamadas gangas[1] ou cortizois[2]. Inclúe todas as especies da familia excepto dúas especies de Asia central do xénero Syrrhaptes (como a ganga das estepas[3]).

Estas gangas teñen cabezas e pescozos pequenos como os das pombas, pero corpos robustos e compactos. Teñen ás longas e bicudas e ás veces tamén son así as colas. As patas están emplumadas ata as dedas, pero, a diferenza das especies do xénero Syrrhaptes, as dedas non teñen plumas.

As especies de Pterocles teñen un voo rápido e directo, e as bandadas voan ao amencer e solpor ás pozas de auga.

Poñen dous ou tres ovos directamente no chan. Son de cor beixe ou verdoso con marcas crípticas. Todas as especies son residentes.

  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 
  2. Definición de Pterocles no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 

Previous Page Next Page






Pterocles AF قطا (جنس) Arabic قطا ARZ Jubivo (Pterocles) AVK Bağrıqara AZ باغریقارا AZB Garagara BM Pterocles BR Pterocles Catalan Pterocles CEB

Responsive image

Responsive image