Puglia (en fala barese e fala foggiano: Púgghie; en fala salentina: Puia; en franco-provenzal: Poulye; en latín: Apulia) é unha rexión da Italia meridional. Conta con 4.069.869 habitantes e ten a capital na cidade de Bari. Limita ao norte con Molise, ao oeste coa Campania e a Basilicata, ao sur co Mar Xónico e ao norte e leste co Mar Adriático. Comprende as provincias de Bari, Barletta-Andria-Trani, Brindisi, Lecce, Foggia e Tarento. Corresponderíase co tacón da analoxía popular entre a forma de bota e a forma xeográfica de Italia, quere dicir, está no extremo sueste da Península Itálica. Ten unha extensión de 19.358 km², e a capital é Bari.