Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Rede Natura 2000

As Illas Cíes, o espazo natural declarado como ZEPA en 1988 e agora dentro da Rede Natura 2000.

A Rede Natura 2000 é o proxecto de conservación de hábitats naturais e de especies raras ou en risco de extinción da Unión Europea.[1] A rede creouse para protexer hábitats e especies coñecendo que a cantidade de especies animais en perigo de extinción ou en retroceso eran arredor do 25% do total de especies existentes.[1][2] No 2017 esta rede compoñíase de 27 mil espazos e 1 millón de km2 protexidos, chegando a ser o 18,4% do territorio terrestre e o 6% do espazo mariño da Unión Europea. Con iso, é a maior rede coordinada de espazos naturais protexidos do planeta.[1][3]

A Rede Natura componse de zonas especial de conservación (ZEC) e de zonas de especial protección para as aves (ZEPA). Inicialmente, logo de ser propostos polos gobernos rexionais, decláranse lugares de importancia comunitaria (LIC) que a Unión Europea avalía e acepta. Unha vez que esa avaliación inicial remata os gobernos locais proceden a lexislar e converter os lugares de importancia comunitaria en zonas de especial conservación.[4]

Os espazos da Rede Natura están en estados iniciais de planificación da súa conservación e son polo xeral de áreas protexidas pequenas e con alta presión agrícola, de medios de transporte ou urbanización. Os espazos varían tanto en extensión que van só da protección dunha árbore, como o espazo Kačja smreka esloveno ata rexión como a de 97 millóns de ha. de Groenlandia.[5] A Rede Natura non pretende só illar aos espazos da sociedade senón darlle outro valor produtivo ao contorno, desde o aproveitamento de terras tradicional ata o turismo só que son de xeito sustentable para o contorno natural, e evitar riscos derivados dun mal asentamento das poboacións no territorio como son as inundacións ou as secas.[3]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Natura 2000 - Environment - European Commission". Consultado o 2017-07-14. 
  2. "PLANO DE ACÇÃO DA UE SOBRE BIODIVERSIDADE: AVALIAÇÃO DE 2010 (Luxemburgo: Oficina de Publicacións da Unión Europea, 2010)." (PDF). .
  3. 3,0 3,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome gallego_2014
  4. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Decreto do DOG nº 62 do 2014/3/31. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-14. 
  5. "Protected areas". biodiversity.europa.eu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2021. Consultado o 2021-03-30. 

Previous Page Next Page






ناتورا 2000 Arabic Натура 2000 Bulgarian Natura 2000 Catalan Natura 2000 Czech Natura 2000 Danish Natura 2000 German Natura 2000 Greek Natura 2000 English Reto Natura 2000 EO Red Natura 2000 Spanish

Responsive image

Responsive image