Regno d'Italia (it) ![]() | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Capital | Milán ![]() | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | lingua italiana lingua francesa ![]() | |||
Relixión | Igrexa católica ![]() | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 17 de marzo de 1805 ![]() | |||
Disolución | 25 de maio de 1814 ![]() | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía constitucional ![]() | |||
Moeda | Lira italiana napoleónica ![]() | |||
O Reino de Italia foi un estado creado por Napoleón Bonaparte en 1805 cando, despois da súa coroación como emperador transformou a República Italiana en Reino de Italia, autoproclamándose rei e nomeando vicerrei ao seu fillastro, Eugène de Beauharnais. Polo tanto foi un estado integrado no Primeiro Imperio Francés.
Abranguía principalmente as rexións italianas da Lombardía, a Emilia-Romaña e tamén, en menor medida, o Véneto e a Toscana.
O reino foi disolvido tras a abdicación de Napoleón en 1814 (e a inmediatamente posterior do seu xenro e vicerrei) como consecuencia da derrota final do emperador na batalla de Waterloo, que puxo fin ás Guerras Napoleónicas.
O Reino napoleónico de Italia foi considerado pola historiadora anglo-italiana Jessie White como o embrión do estado unitario italiano establecido en 1861.[1][2]