Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
Concello | Madrid | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 117.918 (2023) (21.596,7 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 5,46 km² | ||||
Altitude | 665 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1970 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Xunta Municipal do Distrito de Retiro | ||||
• Concelleira presidenta | Andrea Levy Soler (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 28001, 28009, 28007 e 28014 | ||||
Sitio web | madrid.es… | ||||
Retiro[1] é un distrito da cidade de Madrid situado no centro da cidade.
Limita polo norte e nordés cos distritos de Salamanca e Ciudad Lineal, polo leste co distrito de Moratalaz, polo sueste co distrito de Puente de Vallecas, polo suroeste co distrito de Arganzuela e polo oeste co distrito de Centro. Ten unha superficie 5,46 km² e unha poboación de 117.918 habitantes no ano 2023.[2] En 1970 coa reorganización da división administrativa dos distritos, incluíronse ao distrito de Retiro xunto cos outros 17 distritos que lle dividiron.[3]
Neste distrito encóntrase o famoso Parque do Retiro. O parque era orixinalmente, en 1632, un lugar de repouso para a familia real, durante o reinado de Filipe IV. O palacio que alá existía foi destruído durante as guerras napoleónicas. Despois da guerra contra os franceses, o rei Fernando VII (1814 - 1833) iniciou a súa reconstrución e abriu parte do xardín ao público.