Revolutionary United Front | |
---|---|
Tipo | partido político |
Data de fundación | 1991 |
Data de disolución | 2002 |
País | Serra Leoa |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Revolutionary United Front (FRU, en inglés Fronte Revolucionaria Unida) foi un movemento armado rebelde de Serra Leoa e, dende a súa pacificación, un partido político, dirixido durante a súa fase armada por Foday Sankoh en 1991. A súa principal fonte de financiamento foron os chamados diamantes de sangue.[1]
A guerra civil que causou o seu alzamento durou once anos (1991-2002) e custou a vida de arredor de 100.000 persoas, 2.000.000 de refuxiados, decenas de miles de mutilados por membros amputados e centos de miles de traballadores escravizados para a extracción de diamantes.
O líder Sankoh foi detido polas forzas de pacificación africanas, pero antes de ser xulgado por crime de guerra morreu no (2003).