Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Andalucía | |||
Provincia | Provincia de Málaga ![]() | |||
Capital de | Takurunna (século VIII–século XI) ![]() | |||
Capital | Ronda (en) ![]() ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 33.451 (2024) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 385 km² ![]() | |||
Bañado por | Guadalevín ![]() | |||
Altitude | 724 m ![]() | |||
Comparte fronteira con | Alcalá del Valle Grazalema Montejaque (pt) ![]() Benaoján (pt) ![]() Olvera Setenil de las Bodegas Torre Alháquime Arriate Montecorto Júzcar Parauta (pt) ![]() Cañete la Real Alpandeire (pt) ![]() Cartajima (pt) ![]() Cuevas del Becerro Yunquera (pt) ![]() El Burgo (pt) ![]() Tolox (pt) ![]() Serrato ![]() | |||
Organización política | ||||
• Alcaldesa ![]() | Pablo Santiago Ramos Pérez (en) ![]() ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 29400 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 29084 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | ronda.es ![]() |
Ronda é unha cidade pertencente á comunidade autónoma de Andalucía, situada no noroeste da provincia de Málaga (España). É a cabeza do partido xudicial homónimo e a capital da comarca da Serranía de Ronda.
No ano 2008 contaba con 36.532 habitantes, que a converten no segundo municipio máis poboado do interior da provincia tras Antequera. O seu termo municipal esténdese sobre unha meseta coñecida como depresión de Ronda e polas serras que a circundan. Ten unha superficie de 481 km² e unha densidade de poboación de 75,95 hab/km².
Ronda ten a súa orixe na Arunda romana que se constituiría a partir de asentamentos ibéricos existentes. Os visigodos déronlle continuidade ata a chegada dos musulmáns, quen consolidaron o seu papel de cabeceira comarcal non perdida ata a data e a súa entidade urbana. A súa localización facilitou a defensa da cidade e púxoa nunha situación estratéxica para dominar os pasos e camiños cara á baixa Andalucía. Isto e a dispoñibilidade de terras aptas para a agricultura concedéronlle finalmente unha importancia histórica notable.
A cidade aséntase ao redor dunha profunda sima á que asoman algúns edificios do seu centro histórico. Por esta razón e pola cantidade dos monumentos que posúe, Ronda converteuse nun centro turístico notable. A cornixa da sima e a ponte que a salva son a imaxe por antonomasia da cidade.