Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de setembro de 1709 Lichfield, Reino Unido |
Morte | 13 de decembro de 1784 (75 anos) Londres, Reino Unido |
Causa da morte | complicacións dunha cirurxía |
Lugar de sepultura | Abadía de Westminster |
Relixión | Anglicanismo |
Educación | Pembroke College (en) (1728–1731) King Edward VI College Stourbridge (en) King Edward VI School (en) |
Actividade | |
Ocupación | lexicógrafo, ensaísta, biógrafo, político, libreiro, tradutor, crítico, crítico literario, escritor, lingüista, mestre, poeta, historiador da literatura, prosista |
Partido político | Tory (pt) |
Profesores | William Adams (en) |
Alumnos | David Garrick |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Elizabeth Porter (1736–) |
Pais | Michael Johnson e Sarah Ford |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Джонсон Сэмюэл) Dictionary of National Biography Dictionary of African Biography, |
|
Samuel Johnson, nado en Lichfield (Staffordshire) o 18 de setembro de 1709 e finado en Londres o 13 de decembro de 1784, foi unha das figuras literarias máis importantes de Inglaterra: poeta, ensaísta, biógrafo e lexicógrafo e é considerado por moitos como o mellor crítico literario en lingua inglesa. Johnson era posuidor dun gran talento e dunha prosa cun estilo inigualable.
Devoto anglicano e politicamente conservador, o Dr. Johnson foi descrito como «sen dúbida, o home de letras máis distinguido da historia inglesa».[1] A pesar da gran calidade da súa obra e a súa enorme celebridade en vida, Johnson é principalmente lembrado por ser o obxecto de «o máis notable exemplo de arte biográfico nas letras inglesas», a biografía escrita polo seu amigo James Boswell, The Life of Samuel Johnson, á que quedou inevitablemente ligado.[2] Famoso pola súa brillante conversa, e grazas aos seus múltiples biógrafos contemporáneos, coñécense gran cantidade de anécdotas do Dr. Johnson. Igualmente, o seu estilo aforístico, a súa filosofía baseada sobre todo no sentido común, e a súa elegancia escrita, fixeron que sexa o segundo autor máis citado da lingua inglesa tras Shakespeare.