Santuario de Asclepio | |
---|---|
País | Grecia |
Localización | Município de Atenas |
Coordenadas | 37°58′15″N 23°43′37″L / 37.97078, 23.72681 |
Estilo | arquitectura da Grecia Antiga |
[ editar datos en Wikidata ] |
O santuario de Asclepio foi fundado o ano -418 e está situado na parte noroeste do Teatro de Dioniso na acrópole de Atenas, dedicandoo ao deus da medicina Asclepio (Esculapio). Foi Telémaco quen logrou trasladar o culto do deus da saúde desde Epidauro. Constaba dun templo dórico cunha monumental porta a maneira de propileo da época romana cun grande altar e un pórtico de dúas alturas. Na parte esquerda atopábase unha stoá con 17 columnas na fronte, onde se aloxaban os doentes. Atopábase moi próximo do edificio unha fonte de augas mineromedicinais.