Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Scuderia Ferrari

Italia Ferrari
Nome completo "Scuderia Ferrari" (19501960, 20112023)
"Scuderia Ferrari SpA SEFAC" (19611989)
"Scuderia Ferrari SpA" (19901996)
"Scuderia Ferrari Marlboro" (19972011)
Scuderia Ferrari (20112019) (a partir do Gran Premio do Reino Unido de 2011 eliminouse a sección 'Marlboro' do nome da Scuderia)[1]
Scuderia Ferrari Mission Winnow (2019 - (agás en Grandes Premios onde o país no que se disputa a carreira, prohibe o tabaco na publicidade deportiva, neses casos denomínase Scuderia Ferrari).
Bandeira coa que compite Italia Italia"Scuderia Ferrari"
Base en Maranello, Modena, Italia
Xefe de Equipo Frédéric Vasseur[2]
Diego Ioverno (Director de Carreiras e Xefe de Área de Pista)
Director Técnico Enrico Cardile (Xefe da Área de Chasis)
Enrico Gualtieri (Xefe da Área da Unidade de Potencia)
Fabio Montecchi (Concepto de vehículo& Proxecto de Chasis)
Enrico Racca (Xefe de Supply Chain & Manufacturing)
Pilotos 16. Charles Leclerc[3]
38. Oliver Bearman
44. Lewis Hamilton[4]
Pilotos de probas
Chasis
Motor Ferrari
Pneumáticos Pirelli
Debut Gran Premio de Mónaco de 1950
Carreiras 1100 (1098 saídas)[5]
Campionatos de Construtores 16 (1961, 1964, 1975, 1976, 1977, 1979, 1982, 1983, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2007, 2008)
Campionatos de Pilotos 15 (1952, 1953, 1956, 1958, 1961, 1964, 1975, 1977, 1979, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2007)
Vitorias 248[6]
Pole positions 253
Voltas Rápidas 263[7]
Puntos totais
Posición no campionato 2º (652 ptos.)

Scuderia Ferrari S.p.A. (Modelo:IPA-it) é a división deportiva do fabricante de automóbiles italiano de luxo Ferrari e o equipo de carreiras na actualidade só participa na Fórmula 1, pero participou en numerosas clases de deportes de motor desde a súa creación en 1929, incluídas as carreiras de resistencia. O equipo tamén é coñecido polo alcume de "O cabalo rampante", en referencia ao seu logotipo. É o equipo de Fórmula Un máis exitoso que sobrevive e o equipo de Fórmula 1 máis exitoso, que competiu en todos os campionatos mundiais desde a tempada de Fórmula Un de 1950.[8] O equipo fundouno Enzo Ferrari, inicialmente para carreiras de coches producidos por Alfa Romeo. Porén, en 1947 Ferrari comezou a construír os seus coches. Entre os seus logros importantes fóra da Fórmula Un están a de gañar o Campionato Mundial de Resistencia, 24 Horas de Le Mans (nove vitorias absolutas), 24 Horas de Spa, 24 Horas de Daytona, 12 Horas de Sebring, Bathurst 12 Hour, carreiras para coches Gran Turismo e carreiras en pistas de estrada da Targa Florio (7 vitorias), a Mille Miglia (8 vitorias) e a Carreira Panamericana. O equipo tamén é coñecido pola súa apaixonada base de seareiros, coñecida como tifosi. O Gran Premio de Italia en Monza considérase como a carreira local do equipo.

Como construtor na Fórmula 1, Ferrari ten un récord de 16 Campionatos de Construtores. O seu Campionato de Construtores máis recente foi en 2008. O equipo tamén ten o récord de máis Campionatos de Pilotos con 15, gañados por nove pilotos diferentes: Alberto Ascari , Juan Manuel Fangio, Mike Hawthorn, Phil Hill, John Surtees, Niki Lauda, Jody Scheckter, Michael Schumacher e Kimi Räikkönen.[9] O título de Räikkönen en 2007 é o máis recente para o equipo. O Gran Premio da Toscana de 2020 marcou o Gran Premio número 1000 de Ferrari na Fórmula Un.

Michael Schumacher é o piloto máis exitoso do equipo. Uniuse ao equipo en 1996 e pilotou para eles ata a súa primeira retirada en 2006, gañou cinco títulos consecutivos de pilotos e 72 Grandes Premios para o equipo. Os seus títulos chegaron consecutivamente entre 2000 e 2004, e o equipo gañou títulos consecutivos de construtores entre 1999 e o 2004, este foi o período máis exitoso do equipo. Os pilotos do equipo para a tempada 2025 son Charles Leclerc e o sete veces campión do mundo de Fórmula 1, Lewis Hamilton.

  1. https://www.motorpasion.com/formula1/nuevo-logo-del-equipo-ferrari-de-formyla-1-para-2011/amp
  2. "Vasseur to replace Binotto as Ferrari Team Principal". formula1.com. 13 de decembro de 2022. Consultado o 13 de decembro de 2022. 
  3. Elizalde, Pablo (23 de decembro de 2019). "Charles Leclerc's Ferrari F1 deal extended until end of 2024 season". Autosport (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2022. Consultado o 19 de xuño de 2022. 
  4. Coleman, Madeline (2 de febreiro de 2024). "Ferrari's prestige lured Lewis Hamilton – and cost Carlos Sainz his seat". The Athletic (en inglés) (The New York Times). Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2024. Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  5. Inclúe a participación de NART. Non inclúe a participación do piloto privado Peter Whitehead no Gran Premio de Francia de 1950.
  6. Inclúe a vitoria de Giancarlo Baghetti no Gran Premio de Francia de 1961 nun Ferrari privado.
  7. Este é o número das diferentes carreiras do Mundial no que un coche de Ferrari marcou o mellor tempo de volta. Tanto no Gran Premio do Reino Unido de 1954 e Gran Premio de Austria de 1970, dous pilotos de Ferrari estableceron o mesmo tempo na volta rápida. Este número inclúe a volta rápida de Giancarlo Baghetti no Gran Premio de Italia de 1961 nun Ferrari privado.
  8. "Ferrari". Formula1.com. Consultado o 6 de febreiro de 2016. 
  9. "Scuderia Ferrari Formula 1". Scuderia Ferrari. Consultado o 5 de febreiro de 2016. 

Previous Page Next Page