O Senado (en francés Sénat) constitúe a cámara alta do Parlamento francés. Exerce o poder lexislativo xunto coa Asemblea Nacional. É, en virtude do artigo 24 da Constitución da Vª República, a cámara de representación das entidades territoriais e dos franceses no estranxeiro. É coñecido tamén coloquialmente como Alta Asemblea.
O Senado atópase no Pazo de Luxemburgo, no 6º arrondissement de París e está vixiado pola Garda Republicana. Enfronte do edificio está o xardín do Senado, o Xardín de Luxemburgo, que está aberto ao público.