Símbolo oficial | Magnolia denudata (flor) ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Alcume | 魔都 e La Perle de l'Orient ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | República Popular da China ![]() | ||||
Capital | Huangpu (pt) ![]() ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Changning District (en) ![]() Chongming (pt) ![]() Distrito de Baoshan Fengxian District (en) ![]() Hongkou (pt) ![]() Huangpu (pt) ![]() Jiading (pt) ![]() Jing'an (pt) ![]() Jinshan District (en) ![]() Minhang District (en) ![]() Pudong Putuo (pt) ![]() Qingpu (en) ![]() Songjiang (en) ![]() Xuhui (pt) ![]() Yangpu District (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 24.870.895 (2020) ![]() | ||||
Lingua usada | Lingua wu Dialeto xangainês (pt) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 6.341 km² ![]() | ||||
Bañado por | Suzhou Creek (en) ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Altitude | 4 m ![]() | ||||
Punto máis alto | Mount Dajin (en) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de outubro de 1949 ![]() | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Shanghai Municipal People's Government (en) ![]() ![]() | ||||
• Alcalde ![]() | Gong Zheng (2020–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Shanghai People's Congress (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 3.870.060.000.000 ¥ (2020) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 200000 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 21 ![]() | ||||
ISO 3166-2 | CN-SH e CN-31 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | shanghai.gov.cn ![]() | ||||
![]() |
Xangai,[1][2][3] ás veces escrito como Shanghai,[4][5][6][7][8][9][10] (en chinés: 上海; pinyin: Shànghǎi; Tradución: “Sobre o mar”), é unha das maiores cidades da República Popular da China[11][12] e do mundo por poboación.[13] É un dos catro municipios directamente controlados da China, cunha poboación total de 23 millóns de persoas. É un importante centro financeiro,[14] e un centro do transporte por abeirar o meirande porto de contedores do mundo.[15]. Está situada no litoral do océano Pacífico, na boca do delta do Yangtzé, a beira dun brazo deste, o río Huangpu.
Localizada no delta do río Yangtzé na China oriental, Shanghai sitúase na boca do río Yangtzé na parte media da costa chinesa. O concello fai fronteira coas provincias de Jiangsu e Zhejiang polo norte, sur e oeste, e polo leste limita co mar da China Oriental.[16]
Durante séculos, foi unha vila administrativa, de pesca e de comercio. A súa importancia medrou no século XIX debido ó recoñecemento europeo do seu potencial económico e da localización estratéxica do seu porto. A cidade foi aberta en numerosas ocasións ó comercio cos estranxeiros após a vitoria británica na Primeira Guerra do Opio e o subsecuente Tratado de Nanjing de 1842, que permitiu o establecemento da "Concesión Internacional de Shanghai". A cidade floreceu como centro do comercio entre oriente e occidente, e converteuse o indiscutible motor financeiro da Asia do pacífico durante os anos 1930.[17] Porén, coa chegada ó poder do Partido Comunista en 1949, o comercio foi reorientado cara aos países socialistas, e a influencia global da cidade minguou. Na década de 1990, as reformas económicas introducidas por Deng Xiaoping produciron un intenso crecemento da cidade, que permitiu o retorno de investimentos foráneos á cidade.[18]
Shanghai é un popular destino turístico, famoso polo seu patrimonio histórico como o Bund, o Templo Cidade de Deus e o Xardín Yu, así como a arquitectura de Lujiazui, o Museo de Shanghai e o Museo de Arte da China. Foi descrita como a "obra mestra" da puxante economía da China.[19][20]
Esta obra foi subvencionada pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Dirección Xeral de Política Lingüística.
A Real Academia Galega acordou informar favorablemente e respaldar como correctas as solucións lingüísticas ofrecidas no Atlas de Galicia e de España do Grupo Anaya, tanto no que se refiere ó tratamento da toponimia galega, como no que se refiere á adaptación dos topónimos foráneos á lingua galega [sic].