Shaquille O'Neal (2017) Nome orixinal (en) Shaquille Rashaun O'Neal Nacemento 6 de marzo de 1972 (52 anos)Newark, Estados Unidos de América Outros nomes DJ Diesel Residencia Newark Orlando San Antonio Relixión Islam Educación Barry University (en) - doutor em Educação (pt) (–2012) University of Phoenix (en) - Mestrado en administración de negocios (–2005) Universidade Estatal de Luisiana - grao en Artes (–2000) Universidade de Syracuse Escola de Cinema de Nova York Robert G. Cole Junior-Senior High School (en) Universidade Estatal de Luisiana Altura 2,16 m Peso 147 kg Lateralidade destro Ocupación baloncestista , cantante , produtor de televisión , creador de podcast , loitador de muay thai , actor de cinema , produtor de cinema , empresario , actor , investidor inmobiliario , rapeiro , comentarista deportivo , guionista Período de actividade 1993 - 2011 Xénero artístico Música hip hop Instrumento Voz Selo discográfico Interscope Records A&M Records Jive Trauma Records Monstercat (pt) Nacionalidade deportiva Estados Unidos de América Deporte baloncesto Liga Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Posición de xogo Pivote Convocado por Orlando Magic , 1º 1996 Xogos Olímpicos de 1996 1994 Campeonato Mundial de Basquetebol Masculino de 1994 (pt)
Cónxuxe Shaunie O'Neal (2002–2009) Fillos Eric Velasquez , Taahirah O'Neal , Shareef O'Neal , Amirah O'Neal , Shaqir O'Neal , Me'arah O'Neal Sitio web shaq.com
Shaquille Rashaun O'Neal , nado en Newark (Nova Jersey ) o 6 de marzo de 1972 ,[ 1] [ 2] alcumado como Shaq , é un ex xogador profesional estadounidense de baloncesto , sendo o seu último equipo os Boston Celtics da NBA , onde xogaba como pivote. Está considerado como un dos xogadores máis dominantes da historia da NBA. O'Neal gañou catro campionatos da NBA, tres con Los Angeles Lakers e un con Miami Heat , ademais de finalizar subcampión con Orlando Magic en 1995 . En canto a galardóns individuais, O'Neal logrou tres MVP das Finais , un MVP da tempada en 2000 , tres MVP do All-Star Game (o último deles, compartido co seu excompañeiro dos Los Angeles Lakers Kobe Bryant ) e o Rookie do Ano .
Fixo oficial a súa retirada o 1 de xuño de 2011 .[ 3] Coa selección estadounidense cultivou o ouro olímpico en Atlanta 1996 e no Mundial de 1994 no Canadá . Fóra do mundo do baloncesto, sacou á venda catro álbums de música rap , converténdose o primeiro deles en disco de platino. Ademais ten feito aparición en numerosos filmes, chegando a portagonizar os seus propios reality show, Shaq's Big Challenge e Shaq Vs .
↑ "Shaquille O'Neal" . Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2008. Consultado o 31 de marzo de 2010 .
↑ "NBA.com: Trophies For Everybody" . Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2008. Consultado o 31 de marzo de 2010 .
↑ "Shaquille O'Neal retírase" . Arquivado dende o orixinal o 12/03/2016. Consultado o 01/06/2011 .