Localización | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
País | Italia | ||||||||||||||||||
Rexión con estatuto especial | Sicilia | ||||||||||||||||||
Free municipal consortium (en) | Free Municipal Consortium of Syracuse (en) | ||||||||||||||||||
Capital de | |||||||||||||||||||
Capital | Siracusa (en) | ||||||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||||||
Poboación | 116.244 (2023) (559,46 hab./km²) | ||||||||||||||||||
Lingua oficial | lingua italiana | ||||||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||||||
Parte de | |||||||||||||||||||
Superficie | 207,78 km² | ||||||||||||||||||
Altitude | 17 m | ||||||||||||||||||
Comparte fronteira con | Avola (pt) Solarino (pt) Canicattini Bagni (pt) Floridia (pt) Priolo Gargallo (pt) Melilli (pt) Noto (pt) Palazzolo Acreide (pt) | ||||||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||||||
Precedido por | |||||||||||||||||||
Creación | 733 a. C. | ||||||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||||||
Santo padrón | Lucía de Siracusa | ||||||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||||||
• Xefe do goberno | Francesco Italia (en) (2018–) | ||||||||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||||||||
Código postal | 96100 | ||||||||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||||||||
Prefixo telefónico | 0931 | ||||||||||||||||||
Identificador ISTAT | 089017 | ||||||||||||||||||
Código catastral italiano | I754 | ||||||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||||||
Irmandado con | |||||||||||||||||||
Sitio web | comune.siracusa.it | ||||||||||||||||||
Siracusa (/ˈsɪrəˌkjuːs, -ˌkjuːz/; italiano: Siracusa, siciliano: Sarausa/Seragusa; latín: Syrācūsae, grego antigo: Συράκουσαι, Syrakousai, grego medieval: Συρακοῦσαι) é unha cidade histórica na illa de Sicilia, é a capital da provincia italiana de Siracusa. A cidade é notable pola súa rica cultura grega, o anfiteatro, a arquitectura e como lugar de nacemento e morte do preeminente matemático, físico e enxeñeiro Arquímedes.[1] Esta cidade de 2.700 anos de antigúidade desempeñou un papel fundamental nos tempos antigos, cando foi unha das grandes potencias do mundo Mediterráneo. Siracusa está situada no canto sueste da illa de Sicilia, ao lado do Golfo de Siracusa xunto ao Mar Xónico.
A cidade foi fundada polos antigos corintios[2] gregos e teneos e converteuse nunha cidade estado moi poderosa. Siracusa aliouse con Esparta e Corinto e exerceu influencia sobre a totalidade de Magna Grecia, da que foi a cidade máis importante. Descrita por Cicero como "a maior cidade grega e a máis fermosa de todas", igualou a Atenas en tamaño durante o século V a. C. Máis tarde converteuse en parte da República Romana e do Imperio Bizantino. Co emperador Constante II foi a capital do Imperio Romano (663-669). Logo Palermo superouna en importancia, como capital do Reino de Sicilia. Eventualmente o reino uniríase co Reino de Nápoles para formar as Dúas Sicilias ata a unificación italiana de 1860.
O centro histórico da cidade está desde o ano 2005 na lista da UNESCO de Patrimonio da Humanidade xunto coa Necrópole de Pantalica. Na zona central, a propia cidade ten unha poboación de 121.318 habitantes (31-08-2018), sendo a cuarta cidade en número de habitantes de Sicilia. As festas locais celébranse o 13 de decembro en honor a Santa Lucía.