Un sistema é un conxunto de elementos interconectados harmonicamente, formando un todo organizado. É unha definición que se utiliza en diversas disciplinas, como bioloxía, medicina, informática, administración.
O termo procede do grego σύστημα, "sýstema", significando "combinar", "axustar", "formar un conxunto".
Un sistema consta de compoñentes, entidades, partes ou elementos (que tamén se poden ver como subsistemas), así como as relacións entre eles. A integración entre tales compoñentes pode ser un fluxo de informacións, materia, enerxía etc.
Certos sistemas posúen a propiedade da homeostase, de manter o medio interno estábel, mesmo diante de mudanzas no medio externo. As reaccións homeostáticas poden ser boas ou malas, dependendo de se a mudanza era inesperada ou planificada, respectivamente.
Tamén se poden construír modelos para abstraer aspectos de sistemas, como por exemplo un modelo matemático, modelos de enxeñaría de software, gráficos.